Cualificación de Nivel 3 en Viños
Descrición:
O Nivel 3 ofrece unha sólida comprensión dos factores que explican o estilo, a calidade e o prezo dos principais viños tranquilos, espumosos e xenerosos do mundo.
A cualificación axudará a quenes deban realizar avaliacións profesionais de viños en canto ao seu estilo, calidade e prezo. Quenes obteñan esta cualificación serán quen de describir as características dos principais viños do mundo e de asesorar sobre eles con coñecemento fundado.
A quen vai dirixido:
- A profesionais que posúan a Cualificación WSET de Nivel 2 ou un nivel de experiencia equivalente que poidan acreditar, e que desexen progresar no coñecemento dos distintos viños do mundo.
- A profesionais que desexen acceder a unha certificación con recoñecemento internacional para afianzar o desenrolo da sua carreira profesional no sector do viño.
- A afeccionados que posúan a Cualificación WSET de Nivel 2 e desexen continuar profundizando no coñecemento dos viños do mundo.
Certificado acreditativo:
Os alumnos que superen o exame con éxito, recibirán a certificación WSET correspondente e un pin acreditativo.
Exame:
A avaliación será realizada a través dun exame teórico elaborado e correxido por WSET Londres e un exame práctico de cata. O exame teórico consta dunha parte tipo test de 50 preguntas e outra de 4 preguntas a responder mediante a redacción de respostas breves.
Para aprobar é necesario obter unha nota mínima do 55% en cada unha das partes teóricas e na cata. Os exames realizaranse habitualmente o derradeiro día de curso, trala finalización das sesións.
Peche de matriculación:
3 semanas antes do inicio do curso.
Bonificación fundae:
Este curso é bonificable a través da Fundae para traballadores por conta allea. Se estás interesado, podemos facilitarche o contacto dunha asesoría que poderá axudar á túa empresa cos trámites necesarios.
- 32,5 horas e 85 viños
- Só 15 alumnos para garantir a calidade formativa
- Descarga aquí as especificacións WSET con toda a información.
36204 Vigo (Pontevedra)
España-Spain