Cualificación de Nivel 2 en Viños
Descrición:
Nesta cualificación búscase un coñecemento básico pero sólido sobre viños, estudando as principais variedades de uva no mundo e as rexións nas que se cultivan. Veremos os diferentes estilos de viño aos que dan lugar e os termos que os identifican nas súas etiquetas.
A quen está dirixido:
- A afeccionados que non necesitan ter coñecementos previos e que desexan profundar na cultura do viño de forma ordenada e probar viños de diferentes partes do mundo.
- A profesionais de nivel iniciación ou intermedio que buscan afianzar os seus coñecementos e competencias en relación á ampla variedade de viños do mercado.
- A profesionais que desexan acceder a unha certificación con recoñecemento internacional.
Certificado acreditativo:
Os alumnos que superen o exame con éxito, recibirán a certificación WSET correspondente e unha insignia acreditativa.
Exame:
Tipo test de 50 preguntas que é elaborado e correxido por WSET Londres. É necesario contestar correctamente un 55% para obter o certificado. Os candidatos disporán de 60 minutos para completar o exame.
Peche de matriculación:
3 semanas antes do inicio dol curso.
Bonificación fundae:
Este curso é bonificable a través da Fundae para traballadores por conta allea. Se estás interesado, podemos facilitarche o contacto dunha asesoría que se ofrecerá a axudar á túa empresa cos trámites necesarios.
- 17 horas e 43 viños
- Só 15 alumnos para garantir a calidade formativa
- Descarga AQUÍ as especificacións WSET con toda a información.
36204 Vigo (Pontevedra)
España-Spain