Cualificación de Nivel 2 en Viños e Espirituosos

  • Descrición:

    Nesta cualificación búscase un coñecemento básico pero sólido sobre viños e espirituosos, estudando as principais variedades de uva no mundo e as rexións nas que se cultivan. Veremos os diferentes estilos de viño aos que dan lugar e os termos que os identifican nas súas etiquetas. Así mesmo, estudaranse as máis importantes categorías de espirituosos.

  • A quién está dirigido:

    • A afeccionados que non necesitan ter coñecementos previos e que desexan profundar na súa cultura do viño de forma ordenada e probar viños de diferentes partes do mundo
    • A profesionais de nivel iniciación ou intermedio que buscan afianzar os seus coñecementos e competencias en relación á ampla variedade de viños e espirituosos do mercado
    • A profesionais que desexan acceder a unha certificación con recoñecemento internacional
  • Certificado acreditativo:

    Os alumnos que superen o exame con éxito, recibirán a certificación WSET correspondente e un pin acreditativo.

  • Exame:

    Tipo test de 50 preguntas que é elaborado e corrixido por WSET Londres. É necesario contestar correctamente un 55% para obter o certificado. Os candidatos dispoñerán de 60 minutos para completar o exame.

  • Peche de matriculación:

    15 días antes do inicio dol curso.

         Rúa do Pazo, 8
         36208 Vigo
         España-Spain
Síguenos nas redes sociais!

Galicia.wine