WSET (Wine & Spirit Education Trust) é unha organización con sede en Londres e estendida por todo o mundo que conseguiu converterse na referencia internacional na formación do viño. Os seus programas poden ser cursados tanto por profesionais como por afeccionados xa que parten do nivel 1 de iniciación ata o nivel 4 ou Diploma, considerado o nivel máis alto na formación de profesionais do viño e porta de entrada ao prestixioso Master of Wine.
Os cursos WSET caracterízanse por:
- Calquera persoa, sexa afeccionada ou profesional pode acceder á formación
- Están orientados a un enfoque internacional do viño, cunha visión obxectiva e práctica, evitando a sofisticación e as opinións persoais
- A formación é semi-presencial. Unha vez formalizada a matrícula, o alumno recibe por correo o material de estudo que debe preparar previamente ao comezo da parte presencial do curso
- É necesario aprobar un exame para obter a titulación correspondente que serán corrixidos por WSET en Londres. Unha vez superado, o alumno recibirá o correspondente certificado
36204 Vigo (Pontevedra)
España-Spain