Profesionais
O vendedor de viño. Coñecementos e habilidades fundamentais.Formación in-company:
Este curso impártese baixo demanda para empresas e negocios dedicados á venda de viño: adegas, distribuidoras, restaurantes, viñotecas, etc.
Descrición:
Vender non é algo sinxelo, despachar produtos poida que o sexa pero se o que buscamos é satisfacer as necesidades do cliente da mellor forma posible, faise necesario que dispoñamos dalgúns coñecementos e habilidades básicas para logralo.
Neste curso revisaremos xuntos estes coñecementos e adestraremos as nosas habilidades para realizar unha venda eficaz e dar un bo servizo aos nosos clientes, xa sexa desde unha viñoteca, un restaurante, unha tenda de viños, unha adega ou unha distribuidora
Adaptamos o curso ás necesidades formativas que cada empresa nos plantea. Chámanos, sentaremos un día e elexiremos xuntos os módulos do curso que máis vos interesen:
- Introducción á Cultura do Vino. Chans, climas, variedades. Viticultura e vinificación.Técnica de cata. Servizo do vino. Maridaxe.
- Viños de Galicia e España.
- Viños de Francia, Italia, Portugal e Alemania.
- Viños do Novo Mundo: California, Nueva Zelanda, Sudáfrica, Chile…
- Marketing do Viño.
- Enoturismo.
A quen vai dirixido:
A profesionais do toda a cadea de valor do viño, desde as adegas ata os restaurantes, tendas especializadas e viñotecas, pasando polas compañías de distribución e exportación/importación de viños, establecementos de enoturismo, etc.
Coñecementos previos:
Non son necesarios. O punto de partida para o curso será establecido por cada empresa.
Número de alumnos
Adaptable ao número de empregados da empresa.
Certificado:
Entregarase certificado acreditativo aos asistentes.
Bonificación Fundae:
Este curso é bonificable a través da Fundae para traballadores por conta allea. Se estás interesado, podemos facilitarche o contacto dunha asesoría que poderá axudar á tua empresa cos trámites necesarios.
- Data a elección da empresa interesada
- Totalmente adaptable: número de horas e módulos a elexir pola empresa
- Selección de viños a catar en función das necesidades da empresa
36204 Vigo (Pontevedra)
España-Spain