Profesionais

Curso + Viaxe en 3 días.
  • Curso: Xeografía Vitivinícola de Galicia:

    Dedicaremos 3 días a entender mellor as características das 5 denominacións de orixe de Galicia, as súas variedades de uva, chans e climas. Para fixar ben os conceptos importantes, teremos dúas sesións formativas durante os almorzos.

  • Programa:

    3 días (2 noites) para mergullarche de cheo na cultura do viño de Galicia, coñecer as nosas viñas, paisaxes, climas e, o máis importante, as persoas que elaboran os nosos viños. Compaxinaremos as clases coas visitas, a mellor maneira de aprender e gozar: cada día repasaremos xuntos as características básicas de cada zona (variedades, climas, chans, etc.) para entender mellor os viñedos e as adegas que visitamos. As visitas serán 2 adegas cada xornada e cataremos ademais nos comidas viños doutras adegas, incluídos viños de Valdeorras e Monterrei e de zonas menos coñecidas.

    • Día 1: Rías Baixas (noite en O Ribeiro)
    • Día 2: Ribeiro (noite en Ribeira Sacra)
    • Día 3: Ribeira Sacra
  • A quen vai dirixido:

    A profesionais do sector (adegas, distribución, hostalería) que desexen coñecer en profundidade os viños galegos, as nosas viñas e algúns dos elaboradores máis destacados. Aínda que con formato de viaxe, trátase dun curso técnico, no que dedicaremos o noso tempo para visitar viñas e adegas e a recibir formación sobre as distintas zonas de produción de viños en Galicia.

  • Coñecementos previos:

    Non son necesarios pero é conveniente ter vinculación profesional co sector do viño.

  • Número de viaxeiros:

    Grupos reducidos para que podamos gozar dos detalles.

         Rúa do Pazo, 8
         36208 Vigo
         España-Spain
Síguenos nas redes sociais!

Galicia.wine