Na túa casa

  • Descrición:

    Tes unha cea importante e non sabes que veu elixir? Ou quizá tes viños na túa adega que non sabes se están en bo estado ou como maridalos? Queres sorprender aos teus invitados con viños diferentes pero sen que se vaian de prezo? Gustaríache que me achegase antes da cea para contarvos algunha historia sobre os viños e catalos xuntos?

    Pois encantado de axudarche! Elixiremos xuntos os viños en función do menú e o orzamento e prepararemos unha actividade para os teus invitados, de maneira que se divirtan á vez que aprendemos. Despois déixovos xa sós para que gocedes da velada.

  • Ónde:

    Gustaríame poder desprazarme a calquera casa pero por cuestións de custo terémolo que limitar ao eixo A Coruña – Santiago – Vigo – Ourense e os arredores do mesmo. Por certo, se che resulta máis cómodo, buscamos un sitio diferente á túa casa.

  • A quén vai dirixido:

    A todo o que queira unha actividade diferente para amenizar o aperitivo e senta curiosidade polo mundo do viño.

  • Prezo:

    Desde 15 € por persoa. Fóra de Vigo e arredores teriamos que sumar un pequeno custo polo desprazamento.

         Rúa do Pazo, 8
         36208 Vigo
         España-Spain
Síguenos nas redes sociais!

Galicia.wine