Curso Intermedio
Os grandes clásicos: España, Francia, Italia e Alemaña.Descrición:
Son os 4 grandes do viño mundial, non só tendo en conta a súa produción senón tamén por tradición de séculos elaborando viños de alta calidade. Unha viaxe fantástica por algúns das paisaxes máis belas da vella Europa, polos seus sabores e as súas culturas.
- Día 1: España – Rioja, Ribera del Duero, Jerez e Cava
- Día 2: Francia – Borgoña, Burdeos e Champagne
- Día 3: Italia e Alemaña – Piamonte, Toscana e Mosela
*18 viños a catar.
A quen vai dirixido:
A afeccionados ao viño e a súa cultura que desexen coñecer mellor as características das rexións vitivinícolas máis recoñecidas de Europa, aprendendo as particularidades que definen aos seus viños e desenvolvendo as nosas capacidades sensoriais para gozalos.
Coñecementos previos:
Non son necesarios pero recoméndase cursar o nivel de Iniciación.
Número de alumnos:
15 prazas.
Certificado:
Entregarase certificado acreditativo aos asistentes.
€85/Con 21% IVE incl.
Vigo:
- Aula Galicia.wine (Policarpo Sanz 6, 1º)
Ourense:
- Confederación de Empresarios de Ourense (Praza das Damas 1)
Rúa do Pazo, 8
36208 Vigo
España-Spain
Galicia.wine