Curso de Iniciación

Introdución á cata e á cultura do viño.
  • Descrición:

    Encántame este curso. Hai anos que o imparto e é quizá o máis gratificante de todos porque, sen coñecementos previos e en moi pouco tempo, conseguimos entender moito mellor o viño e aprender a aprecialo. Tres tardes para descubrir as principais claves para gozar do viño e aplicalas aos viños de Galicia.

      • Día 1: Técnica de cata. Historia do Viño. Variedades de uva
      • Día 2: Climas e chans. Como se traballa a viña.
      • Día 3: Como se fai o viño. Almacenamento e servizo. Maridaxe

    *18 viños a catar, principalmente de Galicia e Portugal.

  • A quen está dirixido:

    Recomendaría este curso sen dubidalo a todo o que desexe aprender a gozar do viño. Se che gusta o viño e sentes curiosidade por saber algo máis, se traballas con viños e non recibiches unha formación básica para explicalo mellor aos teus clientes ou se simplemente gustaríache coñecer a mellor forma de servilo ou catalo, este é o teu curso. Asegúroche que o gozarás.

  • Coñecementos previos:

    Non son necesarios.

  • Número de alumnos:

    15 prazas.

  • Certificado:

    Entregarase certificado acreditativo aos asistentes.

  • Queres regalar este curso?

    Descarga aquí o bono regalo:

Bono Regalo Galicia.wine

         Rúa de San Roque 69, 3B
         36204 Vigo (Pontevedra)
         España-Spain
Síguenos nas redes sociais!
Galicia.wine
Call Now Button