Grupos
Descrición:
Tedes que organizar unha comida para a cuadrilla, os compañeiros de traballo ou os do equipo de petanca e queredes sorprenderlles? Apetécevos un plan diferente relacionado co viño, e na cidade para non ter que conducir? Ou, ao contrario, queredes saír á natureza e gozar unha comida nunha adega, co seu aperitivo e o seu paseo polas viñas de sobremesa?
Nós axudámosvos a montar o plan! Coa información que nos proporcionedes farémosvos propostas e perfilarémolas xuntos. Podedes deixalo nas nosas mans, seguro que o gozaredes!
Ónde:
Onde prefirades pero, por cuestións loxísticas, centrarémonos no eixo A Coruña – Santiago – Vigo – Ourense e os seus arredores. Ademais, está claro, das 5 denominacións de orixe do viño en Galicia.
A quén vai dirixido:
A grupos que gocedes co viño e con novas experiencias gastronómicas: unha maridaxe imposible, un paseo polas viñas, uns viños dun lugar afastado… e que vos guste comer e beber ben, iso é imprescindible!
Prezo:
Desde 30€ por persoa para grupos de 12 persoas podemos organizar unha actividade con viños. En todo caso, vemos xuntos opcións en función das vosas necesidades.
36204 Vigo (Pontevedra)
España-Spain