Clandestino.wine

Amig@ da Clandestinidade, sexa benvido!

Se che falaron do club Clandestino é porque probablemente coñecémonos persoalmente, compartimos un curso ou unha viaxe de viños ou temos algún amigo, familiar ou mascota en común. Pode mesmo que xa me pediches algunha vez consello sobre viños, restaurantes, visitas a adegas… ou que che reserve isto ou o outro, que che avise se atopo algunha oportunidade a bo prezo… chivatazos, información privilexiada, segredos clandestinos ao fin.

Se é así, xa tes o meu móbil para o que necesites pero se aínda non me tes entre os teus contactos garda o meu número (661.957.861), a partir de agora utilizaremos o WhatsApp para comunicarnos máis facilmente.

Este é un club Clandestino para amigos, se fósemos moitos non podería axudarvos persoalmente nin atopar suficiente viño para todos nin reunirnos de cando en vez nalgunha cuchipanda. Se tes un amigo que está interesado en participar, faimo saber e falámolo.

Pertencer a ElClandestino non ten custo, nin hai permanencia, nin compromisos de compra nin límite á info que necesites. Se estás disposto a unirche á Clandestinidade, só tes que cubrir o seguinte formulario:

*Unhas condicións básicas para organizarnos mellor

  • Rexistro: para ser socio de ElClandestino.wine basta con encher un sinxelo formulario. Non hai ningún tipo de cotas, compromisos de compra ou permanencia.
  • Propostas: recibirás a través de WhatsApp ou email as diferentes propostas de packs de viño, experiencias, cursos, etc. En ningún caso, estás obrigado a comprar.
  • Compra: a compra cargarase a través de recibo domiciliado no número de conta que indicaches no teu rexistro.
  • Gastos de envío: tentei que sexan o mínimo, 4.50€ (envíos en Galicia)
  • Prazo de entrega: 15 días tras a data límite para confirmar a compra.
  • Devolución: 7 días desde a súa recepción sempre que estea en perfecto estado e coa súa embalaxe orixinal, sen penalización de ningunha clase. Para a devolución indicareiche un lugar de entrega na túa cidade, onde poida pasar a recollelo.

Formulario de Inscrición

7 + 7 =

Consultas: en todo momento tesme á túa disposición para axudarche. Contacta comigo no 661.957.861 o enviándome un mail a jvila@galicia.wine.
         Rúa do Pazo, 8
         36208 Vigo
         España-Spain
Síguenos nas redes sociais!

Galicia.wine