Curso Avanzado

As 9 grandes. As variedades de uva que conquistan o mundo.
  • Descrición:

    Aínda que no mercado podemos atopar viños feitos a partir de centos de variedades de uva diferentes, o certo é que a parte grande do pastel a nivel mundial lévanlla as 9 grandes. Por aquí aínda non son tan habituais pero xa podemos atopalas en moitas cartas e cáusannos curiosidade, verdade? Neste curso coñeceremos as súas características fundamentais, os diferentes estilos de viños que producen ao longo e ancho do planeta e aprenderemos a diferencialos e aprecialos.

      • Día 1: Chardonnay, Sauvignon Blanc e Pinot Noir
      • Día 2: Pinot Gris, Cabernet Sauvignon e Merlot
      • Día 3: Riesling, Syrah e Garnacha

    *18 viños a catar.

  • A quen vai dirixido:

    A afeccionados e profesionais que desexen coñecer mellor estas variedades internacionais e mellorar as súas habilidades de cata con elas

  • Coñecementos previos:

    Non son necesarios pero é conveniente cursar o curso de introdución á cata e a cultura do viño.

  • Número de alumnos:

    15 prazas.

  • Certificado:

    Entregarase certificado acreditativo aos asistentes.

         Rúa do Pazo, 8
         36208 Vigo
         España-Spain

Síguenos nas redes sociais!

Galicia.wine