7 días
Galicia + Norte de Portugal.Curso: Xeografía Vitivinícola de Galicia e Norte de Portugal:
Dedicaremos 7 días a entender mellor as características das diferentes denominacións de orixe que imos visitar, as súas variedades de uva, chans e climas. Non te preocupes, ao longo da semana teremos varias sesións formativas para repasar xuntos os detalles importantes
Programa:
7 días (6 noites) percorrendo unha das zonas con máis historia na elaboración de viño, incluíndo a denominación de orixe máis antiga do mundo ( Douro, 1756). Prepárache para paisaxes de auténtica vertixe e viños con alma, que transmiten a autenticidade dos seus pobos. Contrastes que nos levarán desde a bravura da costa atlántica aos tranquilos vales do Miño e o Douro. Visitaremos adegas pero tamén haberá tempo para a gastronomía e as noites estreladas rodeados de viñedos. Pódese pedir máis?
- Día 1: Douro (noite en Oporto)
- Día 2: Oporto
- Día 3: Ribeiro (noite na Ribeira Sacra)
- Día 4: Ribeira Sacra
- Día 5: Rías Baixas
- Día 6: Rías Baixas (noite en Santiago)
- Día 7: Santiago de Compostela.
A quen vai dirixido:
A afeccionados do viño que desexen dedicar uns días para visitar adegas e coñecer mellor os viños das diferentes zonas de Galicia e o norte de Portugal.
Coñecementos previos:
Non son necesarios.
Número de viaxeiros:
Grupos reducidos para que podamos gozar dos detalles.
- Datas a convir co grupo
- Saída: Santiago de Compostela
- 7 días (6 noites)
O programa:
- 3 charlas formativas
- 6 Visitas e catas en adegas
- 2 Visitas culturais: Oporto e Santiago
- 1 Ruta de sendeirismo na Ribeira Sacra (2 horas)
- 1 Paseo en catamarán polo Sil
- 1 Sesión termal en O Ribeiro
- 12 Comidas (salvo último día)
- 6 Noites de aloxamento e almorzo en habitación dobre en Hotel, Pazo ou Casa Rural equivalente a 4*
- Desprazamentos dende o punto de saída
- Certificado acreditativo
Rúa de San Roque 69, 3B
36204 Vigo (Pontevedra)
España-Spain