Unha fin de semana de viños!
Viaxe de 2 díasDescrición:
2 días para achegarche aos segredos agochados dos viños galegos. Paisaxes de fábula, personaxes que non te deixarán indiferente e gastronomía e viños que espertan admiración en todo o mundo. Propoñémoste visitar 2 adegas pero combinarémolo con actividades culturais e paseos pola natureza.
A quen vai dirixido:
A afeccionados do viño, da gastronomía, da natureza, da cultura. A todas as persoas que gocen de compartir unha fin de semana rural con amigos e familia á vez que aprendemos un pouco máis sobre os viños de Galicia e o norte de Portugal.
Número de viaxeiros:
Vente cos teus amigos, parella, familia, compañeiros de traballo… abonda con que xuntedes un grupo mínimo de 8 viaxeiros. Se sodes menos, ponte en contacto connosco igualmente, faremos o posible por atopar unha solución.
Desprazamentos:
En coche particular, por conta dos viaxeiros. Se prefires esquecerte do coche para gozar dos viños sen preocupacións buscaremos unha solución que se adapte ás vosas necesidades.
Acompáñote
Para que non teñas que preocuparte por nada irás sempre acompañado dun guía especializado en viño durante as visitas. El será tamén o encargado do minicurso sobre os viños da zona que disfrutaredes. Habitualmente será o noso director, Jorge Vila.
- Data: a elexir polo grupo
- Destino: Ribeiro, Ribeira Sacra, Rías Baixas, Douro… o que ti prefiras!
- Duración: 2 días, ou máis se o desexas
- Descarga aquí un exemplo de Plan de Viaxe:
- Ribeiro – Un finde de vinos con Galicia.wine
Qué inclúe:
- Aloxamento en habitación dobre en réxime de media pensión
- 2 Comidas
- 2 Visitas a adegas
- 2 Catas en adegas
- 2 Rutas ou visitas culturais ou actividades
- 1 Curso sobre os viños da zona
- Organización, guía e reservas
36204 Vigo (Pontevedra)
España-Spain