Un día de viños por Galicia!
Viaxe de 1 díaDescrición:
Un día co teu grupo de amigos para coñecer de preto unha das denominacións de orixe de viño en Galicia, pero tamén para gozar e relaxarnos cun paseo pola natureza. O plan consiste en:
– Dúas actividades: rutas de sendeirismo, visitas cultural, catamarán, etc.
– Visita a unha adega da zona
– Cata de viños con minicurso de cata
– Comida nunha adega ou restaurante próximo
A quen vai dirixido:
A afeccionados do viño, da gastronomía, da natureza, da cultura. A todas as persoas que gocen de compartir un día nunha contorna rural con amigos e familia á vez que aprendemos un pouco máis sobre os viños de Galicia.
Número de viaxieros:
Vente cos teus amigos, parella, familia, compañeiros de traballo… abonda con que xuntedes un grupo mínimo de 8 viaxeiros. Se sodes menos, ponte en contacto connosco igualmente, faremos o posible por atopar unha solución.
Desprazamentos:
En coche particular, por conta dos viaxeiros. Se prefires esquecerte do coche para gozar dos viños sen preocupacións buscaremos unha solución que se adapte ás vosas necesidades.
Acompáñote
Para que non teñas que preocuparte por nada irás sempre acompañado dun guía especializado en viño durante as visitas. El será tamén o encargado do minicurso sobre os viños da zona que disfrutaredes. Habitualmente será o noso director, Jorge Vila.
Qué inclúe:
- 1 Comida
- 1 Visita a adega
- 2 Rutas ou visitas culturais ou actividades
- 1 Cata de 3 viños guiada
- 1 Curso de cata e dos viños da zona
- Organización, guía e reservas
36204 Vigo (Pontevedra)
España-Spain